- As persoas participantes terán que escribir un relato no que teñen que incluír as seguintes palabras: ledicia, soños, luz, esperanza, luvas, astronauta, lúa, frangulla e calma.
- O prazo para enviar as obras a biblioteca@concellodeguitiriz.com remata o 30 de abril.
Tras o éxito acadado na súa primeira edición, o Concello de Guitiriz, a través da Biblioteca Pública Municipal ‘Casa Habanera’, trae de novo a actividade ‘Tes un conto…’ na que convida á veciñanza a festexar o Día do Libro, que se conmemora o 23 de abril.
As persoas participantes terán que escribir un relato no que teñen que que incluír as seguintes palabras: ledicia, soños, luz, esperanza, luvas, astronauta, lúa, frangulla, calma. Non hai límite de liñas en canto á súa extensión.
Os relatos serán enviados á dirección de correo electrónico: biblioteca@concellodeguitiriz.com. O prazo para enviar as obras remata o 30 de abril. Desde a biblioteca animan aos veciños e veciñas a participar e contribuír co seus relatos á conmemoración do Día do Libro.
0 Comments
Leave A Comment