O Concello de Guitiriz continúa apostando pola formación dos seus maiores no ámbito das novas tecnoloxías. Nesta ocasión foron ao redor de 20 persoas as que participaron nun taller titulado ‘Aprende a usar a  tablet’.

O obradoiro organízase en colaboración coa Fundación Vodafone España e programáronse dous talleres. Por unha banda, na escola dos  Vilares en colaboración coa Asociación de Veciños dos Vilares, e outro que se celebra na Casa Habaneira de Guitiriz.

Os obxectivos desta acción son ensinar o uso do móbil e a tablet acorde ás necesidades dos usuarios, favorecer as relacións interxeracionais, acurtar a fenda dixital e fomentar a independencia do alumnado.