O Concello de Guitiriz aposta esta primavera polo ciclo de actividades ‘Venres de Lecer’, dirixidas á rapazada de entre 3 a 12 anos.
Esta programación cultural e de conciliación constará de 6 actividades ao longo de diferentes venres desta primavera e que terá lugar CEIP Lagostelle, en horario vespertino de 16:15 a 17:45 h.
As persoas interesadas poderán inscribirse, ata o 20 de abril, en calquera das actividades a través do formulario dispoñible na web municipal que poderase entregar na casa consistorial do Concello de Guitiriz ou a través da sede electrónica.
Programación completa
22 de abril, Obradoiro Primavera: facemos un marca páxinas floral?
29 de abril, Obradoiro Reciclaxe: unha macetiña para mamá!
13 de maio, Stop Motion Letras Galegas
20 de maio, Xincana: xogamos pola nosa vila?
3 de xuño, TikTok somos iguais: queres ser tik toker?
10 de xuño, Stop Motion Emocións
0 Comments
Leave A Comment