O Concello de Guitiriz, en colaboración cos empresarios do municipio, reparte 2.250 euros na súa campaña de promoción de comercio local baixo o lema ‘Mercar no Concello de Guitiriz ten premio’. A campaña consiste no reparto de 45 vales regalo por valor de 50 euros para mercar nos establecementos da localidade.

As persoas gañadoras serán aquelas que a súa papeleta coincida cos tres últimos números do primeiro premio da Lotería do Neno, que se celebrará o vindeiro 6 de xaneiro. A rifa premiada deberá consumirse no establecemento que a entregou antes de que pasen 30 días desde a celebración do sorteo.

Na iniciativa participan un total de 45 empresas de distinta índole: desde comercios de roupa, alimentación, ferreterías, lavanderías, tendas veterinarias, salóns de peiteados, etc.

O listado de persoas gañadoras farase público na web do Concello e nos taboleiros de anuncios municipais.

BASES