COVID-19 | O Concello de Guitiriz rexistra hoxe, 12 de febreiro, 91 casos activos por coronavirus.  As cifras son elevadas, polo que dende o goberno local volvemos a pedir prudencia e responsabilidade a toda a veciñanza.  Lembrámosvos que é indispensable cumprir coas normas hixiénico-sanitarias e extremar as precaucións para frear o avance do virus:

  1. Usa sempe a máscara.
  2. Mantén a distancia de seguridade interpersoal.
  3. As reunións quedan limitadas a CONVIVENTES.
  4. Lava frecuentemente as mans con auga e xabón.

Seguir todas as recomendacións é a única forma de parar ao virus