SITUACIÓN SANITARIA | O Concello de Guitiriz rexistra hoxe, 14 de febreiro, 123 casos activos por COVID-19.
Ante este incremento continuado na cifra de afectados pola enfermidade, desde o Concello de Guitiriz facemos un novo chamamento á responsabilidade común. Todos e todas debemos contribuír para frear a cadea de contaxios.
Actualmente están prohibidas as reunións con persoas NON CONVIVENTES. É unha cuestión de saúde pública. Por desgraza, unha época tradicional de festexo coma o Entroido non pode permanecer allea a esta realidade. Non está permitido manter xuntanzas con persoas fóra da unidade familiar. Son feitos delitivos e gravemente sancionados polas autoridades.
Por outra banda, as persoas que garden a obriga de permanecer confinadas por portar a enfermidade ou por estar en contacto directo con ela NON PODEN SAÍR. A COVID-19 nas súas múltiples variantes é un virus cunha alta capacidade de contaxio. Incumprir o confinamento domiciliario é un feito moi serio e igualmente punible.
Por favor, actuemos con sentido común. Só así poderemos vencer o virus.
0 Comments
Leave A Comment