Guitiriz rexistra hoxe, 19 de febreiro, 122 casos activos por COVID19.
Ante estas altas cifras de afectados pola enfermidade, desde o Concello de Guitiriz facemos un novo chamamento á responsabilidade común. Todos e todas debemos contribuír para frear a cadea de contaxios.
Actualmente están prohibidas as reunións con persoas NON CONVIVENTES.
Por outra banda, as persoas que garden a obriga de permanecer confinadas por portar a enfermidade ou por estar en contacto directo con ela NON PODEN SAÍR á rúa.
O coronavirus nas súas múltiples variantes é un virus cunha alta capacidade de contaxio. Incumprir o confinamento domiciliario é un feito moi serio e igualmente punible.
Respetemos as restricións sanitarias vixentes, só así poderemos vencer o virus.
0 Comments
Leave A Comment