Tendo en conta os casos xa dados de alta e os novos contaxios, Guitiriz rexistra hoxe, domingo 21 de febreiro, 100 casos activos pola COVID-19

Isto supón unha lixeira baixada con respecto ás cifras dos últimos días. Porén, isto non pode supor baixar a garda fronte ao virus. 

Desde o Concello de Guitiriz facemos, de novo, un chamamento aos veciños e veciñas para que cumpran estritamente coas medidas de prevención: 

  • Mantemento da distancia de seguridade. 
  • Emprego da máscara.
  • Lavado frecuente de mans. 

Lembrade, ademais, que só están permitidas as reunións entre persoas conviventes.