O Concello de Guitiriz rexistra hoxe, venres 26 de febreiro, 66 casos activos pola COVID19.

Isto supón unha lixeira baixada con respecto ás cifras dos últimos días. Porén, isto non pode supor baixar a garda fronte ao virus.

Lembrade a importancia de seguir cumprindo estritamente coas medidas de prevención:

  • Reunións só entre conviventes.
  • Peche perimetral do municipio.
  • Mantemento da distancia interpersoal de seguridade.
  • Emprego da máscara.
  • Lavado frecuente de mans.

Coidádevos moito e lembrade, a baixada destes números está nas mans de todos e todas!