En relación co cribado que o Sergas levará a cabo no Concello de Guitiriz o xoves, 11 de febreiro, habilitouse un segundo teléfono para solicitar realizar as probas.
Deste xeito, o 659 995 485 atenderá solicitudes en horario de 16:00 a 20:00 horas. O outro número que xa estaba operativo, 630 053 350, seguirá recibindo chamadas agás de 15:00 a 16:00 horas.
Lembramos que as probas están dirixidas a aquelas persoas que durante a súa xornada laboral estean expostas ao público (traballadores e traballadoras de comercios minoristas, supermercados, taxistas…).
0 Comments
Leave A Comment