O Concello de Guitiriz habilitou unha conta bancaria para que, quen o desexe, poida realizar o donativo que estime oportuno e que será empregado para facer fronte ás novas situacións de emerxencia xeradas pola COVID-19 no municipio.
Na sesión plenaria telemática celebrada o pasado martes, 28 de abril, os grupos da corporación acordaron estudar a fórmula máis axeitada para canalizar este tipo de axudas e, tras varias reunións posteriores, decidiuse que esta era a idonea.
Os donativos que cheguen serán xestionados e transformados en axudas directas a través dos Servizos Sociais municipais, que son os que mellor coñecen este tipo de novas situacións de emerxencia xeradas pola COVID-19.
O número de conta habilitado é o ES20 2080 0122 4631 1000 0022 e a primeira doazón é de 1.060 euros, correspondente á achega económica dos concelleiros e concelleiras pola asistencia ao último pleno.
A alcaldesa, Marisol Morandeira, agradeceu a “boa vontade de todos os grupos que formamos a corporación municipal de Guitiriz para sacar adiante esta iniciativa” e animou á cidadanía a que “cada un, na medida das súas posibilidades, poña o seu gran de área nesta causa”.
0 Comments
Leave A Comment