O Concello de Guitiriz, a través da súa Biblioteca Pública Municipal ‘Casa Habanera’, organiza un concurso de relatos para celebrar o Día do Libro. Despois da boa acollida das edicións anteriores, a actividade ‘Tes un conto…’ regresa para fomentar e premiar a creatividade da súa veciñanza.
Todos os interesados poden escribir e enviar a súa obra ata o día 5 de maio, cando se pechará a recollida de relatos. Non hai límite de idade para participar no concurso e tampouco un límite de liñas, pero si un requisito: todos os contos deben incluír as palabras “león”, “lúa”, “troita”, “árbore”, “libro”, “paxaro”, “globo”, “escaleira” e “casa”.
Os escritos deben ser enviados á dirección de correo biblioteca@concellodeguitiriz.com indicando o nome completo, idade e un teléfono de contacto.
0 Comments
Leave A Comment