As Súas Maxestades de Oriente visitaron o Concello de Guitiriz na tradicional cabalgata de Reis que percorreu as rúas do municipio e finalizou no pavillón municipal, onde os magos atenderon as peticións dos máis pequenos antes de comezar o traballo para que en todas as casas do municipio houbese un regalo baixo o árbol.
Na recepción que fixeron os Reis Magos no pavillón puidemos gozar dunha riquísima chocolatada grazas ao traballo que fixeron durante toda a tarde e de xeito desinteresado as nosas voluntarias Chelo, Rufi, irene, Pili, Conchita, Lucia, Yaiza e a tod@s os que colaboraron….
Moitas grazas!
0 Comments
Leave A Comment