O Institituto de Estudos Chairegos (Iescha) e o Concello de Guitiriz inauguraron o pasado venres, 20 de xaneiro, a VII edición da mostra ‘Tal como eramos’, que ofrece un total de 120 fotografías.

Nelas amósanse festas, competicións deportivas, retratos, imaxes de grupo, eventos familiares e distintos labores en branco e negro.

A exposición poderá verse ata o 31 de marzo na Casa Habanera nos seguintes horarios:

  • Pola mañá, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas.
  • Pola tarde, de luns a xoves, de 16.00 a 18.30 horas.