A Deputación de Lugo comunicoulle ao Concello De Guitiriz diversas incidencias producidas na madrugada de hoxe, 3 de novembro, debido ás inclemencias meteorolóxicas. Ambas están relacionadas con árbores caídas nas vías LU-P-2306 e LU-P-2101. Están resoltas as dúas e as estradas están abertas ao tráfico. De tódolos xeitos, e a pesar de que se suavizou a borrasca, rogamos que extremedes as precaucións, sobre todo si tedes que circular co voso vehículo.
0 Comments
Leave A Comment