Todas as solicitudes do Campamento de Verán 2026 están admitidas. O campamento levarase a cabo entre o 6 e o 10 de xullo.

Para formalizar a inscrición e ter dereito á praza, as persoas admitidas terán que aboar o prezo público total correspondente, que é de 225 € por participante.

O prazo de pago abrirá o luns 8 de xuño e estenderase ata o domingo 21 de xuño. O Concello remitirá ao correo electrónico indicado na solicitude o recibo de liquidación do Campamento de Verán, coa forma e prazo de pago, sendo admisible tamén o pago por TPV nas oficinas municipais mediante presentación do recibo emitido.

Os recibos enviaranse por correo electrónico. No caso de non recibilos, recoméndase revisar a carpeta de correo non desexado (“spam”), xa que nalgúns casos as comunicacións do Concello poden ser filtradas e chegar a esa carpeta.

Non se admitirán pagos fóra do prazo establecido, quedando sen dereito á praza no campamento. Tampouco se admitirán pagos fraccionados, en ningún caso.

E no caso de non facer o ingreso no prazo indicado co recibo de liquidación, entenderase que o/a solicitante desiste na súa pretensión de inscrición, polo que tamén perderá o seu dereito á praza nesta actividade.