• Completaron o podio Borja López, Noel López e Otilia Varela.
• A actividade tivo unha gran acollida, con xogadores e xogadoras de entre 7 e 80 anos.
O pasado venres, 15 de decembro, a Biblioteca Pública Municipal ‘Casa Habanera’ do Concello de Guitiriz acolleu o I Torneo de Parchís, no que participaron 32 persoas, con idades comprendidas entre os 7 e os 80 anos.
Un total de 12 participantes desputaron a fase final, na que se proclamou vencedor Jorge. Acompañárono no podio Borja López, Noel López e Otilia Varela.
Desde o Concello de Guitiriz queremos felicitar a todas as persoas participantes, nunha primeira edición exitosa tanto no número de xogadores e xogadoras como no nivel de satisfacción amosado por eles e elas mesmas, e desexamos que sexa unha cita que se poida manter no calendario de actividades anuais da Administración local.
0 Comments
Leave A Comment