Desde o Concello de Guitiriz poñemos en marcha a promoción do libro ” Tes un conto…”, formato físico da recompiliación dos contos que foron enviados, dentro da actividade do día do libro, o pasado 23 de abril.

Todas as persoas interesadas deberán aportar un donativo de 5€ na conta que o #ConcellodeGuitiriz ten habilitada para situacións de emerxencia social (vai indicada no cartel).

No momento do ingreso deberán indicar en concepto:

Nome Apelidos- Tes un conto – e a cuantía que ingresan.

Para poder recoller o libro na biblioteca municipal ‘Casa Habanera’ será obrigatorio presentar o comprobante do ingreso.

Para máis información no 982 370 062 ou biblioteca@concellodeguitiriz.com