A XIII Carreira Popular Guitiriz Termal, celebrada o 15 de abril, recadou máis de 1.300 euros grazas ás aportacións das máis de 200 persoas que participaron na proba e doutras que quixeron facer as súas doazóns a través da ‘Fila 0’.
A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, fixo hoxe entrega deste importe á representante da asociación Mowat Wilson España, Soraya López García, entidade coa que colaborou este ano o Concello.
A asociación Mowat Wilson xurdiu para ofrecer información e acompañamento ás familias que teñen que convivir no día a día con esta enfermidade rara de orixe xenética que pode xerar cardiopatías, problemas xenitourinarios e retrasos no desenvolvemento psicomotriz. Ademais, a asociación permite ser un punto de encontro dixital para todas aquelas institucións, empresas e particulares que queiran axudar ou investir fondos para facilitar as actividades da agrupación.
0 Comments
Leave A Comment