O alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, participou hoxe no acto de inauguración do Iberik Gran Balneario de Guitiriz, onde destacou o “desenvolvemento económico” que suporá este proxecto para o municipio.

A rexedora puxo en valor a colaboración entre administración que permitiu que este proxecto se fixese realidade “grazas aos fondos europeos canalizados polo Goberno central que permiten que se leven a cabo no rural proxectos como este, que asentan poboación e xeran postos de traballo”. “Loitarei para que calquera outra empresa de Guitiriz poida recibir este tipo de axudas”, engadiu.

“Quero agradecer a presencia do novo delegado do Goberno, Pedro Blanco, no seu primeiro acto público no cargo e tamén ao compañeiro, e anterior delegado, José Ramón Gómez Besteiro, que loitou e traballou para que este proxecto sexa hoxe unha realidade”, salientou Marisol Morandeira.

“O grupo de empresas que encabeza esta iniciativa tivo a valentía de facerse cargo da situación na que estaba o balneario e creron en nós, no noso concello, para levalo a cabo”, explicou Morandeira. “Como saben desde o primeiro momento, téñenme ao seu carón para todo o que necesiten”, afirmou.