A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiron hoxe unha xuntanza de traballo para coordinar a seguridade viaria no municipio. Na reunión participaron ademais o xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez; o xefe do subsector de Tráfico da Garda Civil, capitán José Miguel Martínez, e o xefe da Policía Local de Guitiriz, Eloy Vázquez.
Marisol Morandeira aproveitou o encontro para presentar ao novo xefe da Policía Local de Guitiriz e indicou que foi unha reunión de traballo para poñer ao día a delimitación de competencias da Garda Civil de Tráfico e a Policía Local, que levaba sen actualizar desde o ano 2006.
Isabel Rodríguez explicou que o obxectivo da xuntanza, celebrada esta mañá na Subdelegación do Goberno, foi avanzar na colaboración que xa manteñen a Xefatura provincial de Tráfico e o Concello de Guitiriz en materia de seguridade viaria.
0 Comments
Leave A Comment