Matrícula curso 2023/2024 do PAI-Escola Infantil de Guitiriz.

  • Renovación de matrículas: do 1 ao 15 de maio. Para crianzas que asistiron no presente curso 2022/2023.
  • Novas solicitudes: do 16 ao 31 de maio. Para crianzas de nova incorporación.

As solicitudes poden presentarse na casa do concello de xeito presencial, solicitando cita previa, ou a través da sede electrónica.

Podes consultar o regulamento e o baremo de acceso, ademais de descargar a solicitude en https://concellodeguitiriz.com/benestar-social/pai/ ou recollela presencialmente na casa do concello.