Mondra é a segunda confirmación da programación de concertos da VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz, que se celebrará o domingo 2 de xuño no Campo da Feira.
Este mozo de Teo está considerado como unha das novas estrelas do trad, un xénero en auxe que bebe da música tradicional galega e a convirte nun son plenamente actual. No seu primeiro álbum de estudio ‘Ardén’, trata cuestións como a violencia, a saúde mental, o benestar emocional, a defensa da cultura propia ou o empoderamento da mocidade.
Así, Fillas de Cassandra será un dos pratos fortes da programación de concertos, que se continuará desvelando nos próximos días.
0 Comments
Leave A Comment