ACTUALIZACIÓN:

(O prazo de inscricións da Liga de Pádel do Concello de Guitiriz volve a abrir ata o domingo 12 de xaneiro. Estas pódense formalizar a través da aplicación ReservaPlay (https://guitiriz.reservaplay.com). Do mesmo xeito, tamén se posporá o inicio da Liga ata o luns seguinte, día 13 de xaneiro. As parellas inscritas disputarán un partido cada 10 días aproximadamente).

__________________________________________________________________________________________________

O Concello de Guitiriz desenvolverá unha liga de pádel a partir de 2025. Trátase dunha iniciativa que celebrará a súa primeira edición a partir do mes de xaneiro, co comezo marcado a partir do día 6.

A liga estenderase nesta primeira edición ata o 31 de maio, aínda que é unha proposta que se espera que teña continuidade nos vindeiros anos. As inscricións estarán abertas ata o venres 3 de xaneiro a través da aplicación ReservaPlay (https://guitiriz.reservaplay.com). Os resultados da liga poderanse seguir a través desta mesma aplicación, onde estarán dispoñibles o calendario, os partidos, a clasificación e os resultados.

Os participantes disputarán un partido á semana, fixando a data e a hora de mutuo acordo entre as parellas implicadas. Os encontros xogaranse nas pistas de pádel situadas na Nave do Senpa.

Todos os participantes terán prezo de socio na pista de pádel ata maio de 2025. Tamén recibirán un agasallo ao rematar a liga e premios en material deportivo.

Pódense consultar as bases da liga no documento fixado nesta nova.

GUITIRIZ – Bases Liga de Pádel de Guitiriz