A aula CeMIT de Guitiriz conta desde este luns, 11 de decembro, con novo equipamento composto de: 22 ordenadores, 10 tablets , un trípode con anel de luz, unha webcam e unha pantalla de croma.

Estes novos equipos chegan a través da AMTEGA a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, subvecncionandos nun 60% con fondos europeos e servirán para reforzar os cursos de formación que se imparten durante todo o ano de maneira gratuíta.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Moranderia , sinala que esta ampliación permite seguir mellorando a aula CeMIT de Guitiriz  e adaptalo  ás novas necesidades que van xurdindo e, sobre todo, ás novas capacitacións que se ofrecen a través destas aulas.

Morandeira anima a  veciñanza para participar e a facer uso da aula de informática, “é un servizo moi importante para conseguir unha transformación dixital inclusiva, principalmente naquelas franxas de idade nas que non están tan familiarizadas co uso das novas tecnoloxías”.