O vindeiro venres 25, o CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz acollerá unha sesión de contacontos a cargo de Anxo Avelino Moure Mosquera, quen achegará ao alumnado o espectáculo ‘As tecedeiras da esperanza. Contos solidarios’. O espectáculo será a porta pechada para o alumnado do centro e celebrarase a partir das 10:00 horas.
A actividade está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz e forma parte do programa Ler Conta Moito, unha iniciativa orientada á dinamización da lectura e ao fomento da narración oral entre o público infantil e xuvenil.
