O Concello de Guitiriz acollerá o vindeiro mércores 17 de xuño o IV Aberto Xogo da Ra, unha actividade incluída na programación dos Xogos da Primavera e destinada a promover a participación cidadá e a recuperación dos xogos tradicionais.
A competición terá lugar no CIT de Parga, en horario de 18:00 a 19:30 horas, e contará cun máximo de 15 participantes.
As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición ata o 12 de xuño na Biblioteca Pública Municipal ou chamando ao teléfono 982 37 00 62, onde tamén se pode obter máis información.
A actividade e gratuíta e aberta a toda a cidadanía.
