• O evento terá lugar o xoves 2 de maio ás 14 horas na Praza do Vinteoito.
  • O último día para anotarse é o 26 de abril e pode facerse de xeito presencial no concello.
  • Habilitarase transporte desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz para aquelas persoas que teñen dificultades para desprazarse.

O Concello de Guitiriz abre o prazo de inscrición para participar na Festa dos Xubilados, que este ano se celebrará o xoves 2 de maio a partir das 14 horas na Praza do Vinteoito, en Parga.

As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o 26 de abril de xeito presencial na casa do concello. Nos próximos días, os e as xubiladas recibirán nos seus fogares unha carta da alcaldesa, Marisol Morandeira, coa invitación e a información necesaria para participar na festa. Aqueles que, por calquera erro, non reciban pero cumpran as condicións para inscribirse, poden facelo igual na casa consistorial.

Ademais, para quen teña dificultades para desprazarse, o Concello habilitará transporte desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz. Quen o necesite deberá indicalo cando merque a súa entrada.