O Concello de Guitiriz abrirá este martes, 15 de setembro, o prazo de inscrición para o Curso de Cerámica 2026/2027.

As inscricións poderán formalizarse desde as 8:30 horas do martes 15 de setembro e permanecerán abertas ata o 25 de setembro. O curso desenvolverase na Aula de Cerámica da Escola Habanera e contará con grupos os xoves pola tarde e os venres pola mañá e pola tarde.

As clases comezarán o xoves 8 de outubro e celebraranse os xoves de 16:00 a 17:30 horas, e os venres de 11:00 a 12:30 e de 18:30 a 20:00 horas. A actividade prolongarase ata o mes de maio.

O prezo será de 27 euros ao mes e as prazas serán limitadas, tendo preferencia as persoas empadroadas no municipio. As persoas interesadas poderán realizar a inscrición a través da Sede electrónica ou no Rexistro do Concello. Para máis información pódese chamar ao 982 37 01 09.