- As persoas interesadas deberán pedir hora no teléfono 982 370 109 en horario de mañá.
- Aínda no se pode facer uso da zona de vestiarios e aseos ao estar pendente a execución da acometida aos servizos municipais.
- Marisol Morandeira explica que “quixemos adiantar a apertura da pista respondendo ás demanda da veciñanza, que así poderán utilizala durante as vacacións de Nadal”.
O Concello de Guitiriz decidiu abrir mañá, luns 27 de decembro, o proceso de reservas para facer uso da nova pista de pádel localizada na antiga nave do SENPA. Para iso, os interesados ou interesadas deben chamar o teléfono 982 370 109 en horario de mañá.
A pista está delimitada por un peche acristalado e habilitouse unha zona de vestiarios e aseos, que aínda non está aberta xa que está pendente a execución da acometida aos servizos municipais, que se levará a cabo nas próximas datas.
O forxado dos vestiarios leva unha segunda altura, que permitirá acoller nun futuro outros equipamentos deportivos como un ximnasio ou unha grada portátil. Marisol Morandeira explica que “quixemos adiantar a apertura da pista de padel respondendo así ás demandas da veciñanza, que poderán utilizala durante as vacacións de Nadal e non terán que desprazarse a outros municipios para desfrutar deste deporte” e destaca “a boa nova que é para Guitiriz poder contar cunha infraestrutura como esta”.
0 Comments
Leave A Comment