O Concello de Guitiriz abrirá o vindeiro 1 de abril o prazo a renovación de praza para o próximo curso 2021/2022 no Punto de Atención á Infancia (PAI) e estará habilitado ata o 15 de abril.
Pola outra banda, as novas solicitudes poderán facerse desde o 16 ao 30 de abril. En ambos casos a documentación pódese entregar por sede electrónica ou de xeito presencial, con cita previa a través da páxina web ou ben por teléfono no 982 370 109.
As familias interesadas poderán atopar toda a información e a documentación aquí.
0 Comments
Leave A Comment