O Concello de Guitiriz abre este luns, 21 de setembro, o prazo de inscrición para participar nas Clases de Baile dirixidas a persoas maiores de 50 anos, unha actividade pensada para fomentar a actividade física, o lecer e a participación social entre a veciñanza.

As clases desenvolveranse todos os venres, de 17:00 a 18:30 horas, na Aula da Nave do Senpa, e darán comezo o 16 de outubro. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o 5 de outubro, ou ata completar o aforo establecido.

As inscricións poderán realizarse de xeito presencial no propio Concello de Guitiriz ou a través da Sede Electrónica municipal. Será preciso achegar o certificado IBAN. Para obter máis información sobre a actividade, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 982 37 01 09.

SOLICITUDE CLASES DE BAILE SENIOR