O Concello de Guitiriz abre o luns o prazo de matrícula nas Escolas Deportivas Municipais. O prazo estará aberto ata o 25 de setembro e poderá facerse efectiva inscrición no Concello, en horario de 8:30 a 14:30 horas. As prazas cubriranse por estrita orde de inscrición.

O prezo das actividades será de 10 euros ao mes, segundo a ordenanza municipal vixente, e haberá descontos, a destacar: o 20% para familias numerosas cando dous ou máis membros estean matriculados; un 20% na segunda actividade por estar matriculado en dúas ou máis; e un desconto, todavía sen especificar, para familias con poucos recursos.

As actividades darán comezo o día 1 de outubro de 2020 e rematarán o 31 de maio, a excepción do fútbol sala, que rematará o 15 de xuño por mor das competicións. Destácanse, ademais desta última, o baloncesto, cun único grupo de 7 a 14 anos; a ximnasia rítmica, con dous grupos; o tenis de mesa, tamén con dous grupos; atletismo e campo a través, para o que hai 12 prazas reservadas; patinaxe en grupo, que se desenvolverá en Guitiriz para cumprir as normas sanitarias motivadas pola COVID-19; ximnasia de rehabilitación, que tamén terá como escenarios Guitiriz e Parga; aerobic, zumba, step; ioga e pilates completan a lista do amplo abano de oferta presentado polo Concello para as Escolas Deportivas Municipais 2020-2021.

Desde a administración local garántese, en todo caso, que se cumplirá cos protocolos en materia sanitaria preestablecidos e que ‘primará a seguridade por riba de todo’, sinalan desde o Consistorio.

A folla de inscrición pódese descargar clicando nesta ligazón e aquí podes acceder ao cartaz das actividades.