O Concello de Guitiriz comeza coa organización da campaña de comercio local de Nadal en colaboración cos comerciantes. Esta consistiría no sorteo de cheques agasallo aos clientes por mercar nos seus establecementos. 

Aqueles que estean interesados en participar na campaña deberían inscribirse no seguinte enderezo electrónico: info@concellodeguitiriz.com indicando os datos do establecemento: Nome comercial, persoa de contacto, dirección, teléfono e enderezo electrónico, incluíndo a seguinte mensaxe: “Estou interesado/a en participar na campaña de apoio ao comercio local”. 

A data límite para anotarse é o 20 de novembro.