O Concello de Guitiriz, coa colaboración de escuelaContalento, anuncia a convocatoria dun novo curso dirixido a persoas interesadas en formarse como monitoras de tempo libre. Esta formación oficial de carácter semipresencial, que terá un total de 200 horas de duración durante os meses de novembro e decembro, está subvencionada polo Concello.
Poderán participar neste curso todas as persoas que teñan cumpridos os 18 anos e que conten co título da ESO ou equivalente. A presentación será o día 31 de outubro e as sesións están programadas do seguinte xeito:
- En liña: dispoñible dende o 2 de novembro ata o 17 de decembro.
- Presencial: días 13, 14, 15, 27, 28 e 29 de novembro e 4, 5, 6, 18, 19, 20, 22 e 23 de decembro.
O horario para as clases presenciais, que terán lugar na Escola Habanera, será:
- Venres: de 16:00 a 21:00 horas.
- Sábados: de 09:00 a 14:00 e de 15:00 a 20:00 horas.
- Domingos: de 09:00 a 14:00 horas.
Tras completar as 200 horas lectivas, os/as participantes teñen garantidas 150 horas de prácticas profesionais, a realizar nun período de dous anos despois da celebración do curso.
As persoas interesadas en formarse como monitores/as de tempo libre poderán inscribirse na páxina web de escuelaContalento (https://tempolibre.escuelacontalento.es/) ata o 15 de outubro. O prezo final é de 175 euros, dos cales 100 equivalen á matrícula, 50 á solicitude das prácticas e 25 á expedición do título. O pago poderá realizarse nesa mesma páxina web unha vez se cubra o número mínimo de prazas.
Para máis información, contactar co departamento de Servizos Sociais no teléfono 982 370 109 ou no mail rfanego@concellodeguitiriz.com.
