O Concello de Guitiriz convoca unha reunión para informar á veciñanza sobre o parque eólico Satrebares.

Este encontro informativo, no que estará presente unha consultoría especializada, terá lugar o próximo mércores, 29 de xaneiro, ás 21 horas na Casa Habanera.

O Concello pon a disposición da veciñanza os servizos desta consultoría co obxectivo de dar a coñecer as afeccións a particulares que provoca este proxecto e ofrecer asesoramento para formular as diferentes alegacións agora que está aberto o prazo.

Rematado o traballo da consultoría, realizarase unha nova reunión para explicar os resultados á veciñanza.