A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, mantivo hoxe unha reunión co director da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares Rico, e o director de Atención Primaria, Rafael Sánchez Fernández. Un encontro solicitado pola rexedora ante a preocupación xerada pola falta de novas sobre a reapertura do centro de saúde de Parga.

Na reunión Marisol Morandeira pediulles aos representantes do Sergas que “cumpran a súa palabra” xa que “se cando remate o Estado de Alarma se poden celebrar eleccións, o motivo polo que o Sergas pechou temporalmente o consultorio de Parga xa non existe”.

Segundo informou o Sergas, a vindeira semana o consultorio abrirá só para a atención de pacientes crónicos e enfermaría pero para o Concello iso “non é suficiente”, como destacou a rexedora que pediu “a apertura total do centro tal e como se comprometeron cando se tivo que pechar ao comezo do Estado de Alarma”.

O Concello de Guitiriz cree firmemente que o consultorio de Parga presta un servizo esencial para os veciños e veciñas da zona polo que entende que non pode reducir as súas funcións nin, por suposto, pechar.