O Concello de Guitiriz fixo entrega este mércores, 29 de xaneiro, do vale de 500 euros da Campaña de Nadal do Comercio local, o premio máis importante desta iniciativa. A alcaldesa do municipio, Marisol Morandeira, foi a encargada de facer a entrega do vale a Julia, a muller gañadora, na Casa do Concello.
Posteriormente, a gañadora foi acompañada pola alcaldesa e pola concelleira de Turismo e responsable da área de Promoción e Dinamización Económica, Pilar Vázquez, ata os diferentes establecementos participantes para investir o premio, visitando unha decena deles entre Guitiriz e Parga.
Durante todo o Nadal, o Concello e os diferentes establecementos participantes estiveron entregando premios diarios de luns a venres ás persoas que tiveron os boletos coas catro últimas cifras dos sorteos diarios da Once, concluíndo esta iniciativa co sorteo dun vale de 500 euros o Día de Reis, cuxo gañador foi a persoa que tivo o boleto coas catro últimas cifras do sorteo da Lotería Del Niño.
Nesta última edición da campaña de Nadal do Concello de Guitiriz para incentivar as compras no comercio local participaron un total de 38 establecementos, que foron os seguintes:
Libraría Castaño, A Badorna, Ialar cortinas, Perrucaría Angeles A.Costa, Agrocomercial Abelleira, Fotografía Kantero, Anitta Chic, Droguería Cheno, Videotel, Mosquito, Estanco, Alimentación Lolita, Mercería Entrefios, Zapatería Armería Guitisport, Perrucaría Borea, Taperia O Korreo, Modas Sanjurjo, Frutas La Maja, Carnicería Vitorio, Perrucaría Zalois, Supermercado Día, Bar A Capela, Nimbos, Floristería Teixido, Perrucaría Silvia Pardo, Ximnasio Vita Flesx Gym, Panadería Gómez, Restaurante Gaibor, Feixe, Restaurante La Casilla, Sara Sanjiao Estilista, Coluga, Nistal, Muebles Prado, Sonycar Aparellos, Supermercado Gadis, Ferretería Amador e Panadería La Esquina.
0 Comments
Leave A Comment