Tal como se comunicou, a partir do luns 3 de febreiro habilitarase no Concello de Guitiriz un punto informativo para consultar os bens afectados polo parque eólico Satrebares.

Os mapas e o listado de bens afectados estarán á disposición da veciñanza para a súa consulta na Casa do Concello, sendo preciso coñecer a referencia catastral. Tamén se poderá preguntar ao persoal da oficina.