O Concello de Guitiriz organiza unha viaxe a Estremadura o próximo mes de marzo. A saída está programada do domingo 9 ao xoves 13 de marzo, cun prezo por persoa de 375 euros.

Esta tarifa inclúe unha habitación dobre e pensión completa nun hotel de tres estrelas en Plasencia, diferentes excursións locais, seguro de viaxe, traslados en autobús e un guía acompañante. Tamén se poderá pagar un suplemento por unha habitación individual por 115 euros.

O prazo para a reserva das prazas abrirase a partir deste xoves, 6 de febreiro, e estenderase ata o luns 17 de febreiro. As persoas interesadas poderanse inscribir de xeito presencial acudindo á Oficina de Turismo do Concello.

Hai prazas limitadas e terán preferencia as persoas empadroados no municipio, aínda que será preciso un mínimo de 40 inscritos para que se leve a cabo a excursión.

A saída para Estremadura está programada para as 6:30 horas do día 9 de marzo desde o Campo da Feira de Guitiriz. Os asistentes poderán visitar Guadalupe e o seu mosteiro, Cáceres, Trujillo, Monfragüe, Valle do Jerte, Plasencia, Garganta la Olla e La Vera.

Pódese solicitar máis información chamando ao Concello no número de teléfono 982 37 01 09.