Logo da revisión da situación sanitaria do Concello de Guitiriz e da actualización no Diario Oficial de Galicia, o municipio pasa a encadrarse no nivel medio de restricións a partir do próximo 15 de marzo ás 00:00 horas.

A mobilidade estará permitida entre os municipios galegos no mesmo nivel.

A hostalaría poderá abrir en interior co 30% de aforo e en exterior co 50%, cun horario de peche máximo ás 18:00 horas.

Podedes acceder ao DOG completo en https://bit.ly/3bJwcno e ao mapa de restricións actualizado en https://bit.ly/3qDnKue.