O vindeiro 25 de novembro o Concello De Guitiriz organizará un acto institucional para condenar todo tipo de violencia machista. Terá por título “Matáronnas, non morreron”, e consistirá nun mural co mapa de España onde se localizarán e se visualizarán as 51 mortes oficiais por violencia machista no noso país no 2019 e aquelas vítimas que non aparecen nestas estatítiscas e que suman outras 19 máis. Está proxectado para que comece ás 11:00 horas e participarán os membros da corporación municipal, traballadores e a veciñanza.