O Concello de Guitiriz dará continuidade á formación ‘Comprender para acompañar. Como previr e actuar ante condutas de risco e autolesivas’, unha iniciativa dirixida a familias, profesorado e público en xeral interesado no benestar emocional da mocidade.
A segunda parte desta actividade terá lugar o mércores 11 de novembro, de 16:30 a 18:30 horas, no IES Poeta Díaz Castro. Esta nova sesión dará continuidade á formación celebrada o pasado mes de maio e manterá os mesmos contidos, co obxectivo de seguir achegando información e ferramentas prácticas para comprender, previr e actuar ante posibles condutas de risco e autolesivas entre a mocidade.
A participación é de balde, pero será necesario realizar unha inscrición previa a través do seguinte formulario en liña: https://forms.gle/cPEwhN18pkhPsCJz5. O prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 10 de novembro.
A iniciativa está organizada polo Concello de Guitiriz, coa colaboración do IES Poeta Díaz Castro e de Ludus Tempori, e enmárcase no compromiso municipal coa sensibilización, a prevención e a promoción do benestar emocional da mocidade.
