O Concello de Guitiriz oferta unha nova actividade: clases de baile para persoas maiores de 50 anos. Esta proposta comezará o próximo martes, 16 de xaneiro, e celebrarase todos os martes e os xoves ás 18 horas no ximnasio do IES Poeta Díaz Castro.

As persoas que desexen participar poden anotarse desde hoxe, luns 8 de xaneiro, ata o 31 de xaneiro ou ben ata completar aforo. O prezo da inscrición varía entre os 15 e os 17 euros.

As consultas e inscricións poden facerse de xeito presencial na casa do concello ou ben a través da sede electrónica municipal (guitiriz.sedelectronica.gal).

SOLICITUDE CLASES DE BAILE SENIOR