A. B.P.M. “CASA HABANERA” de Guitiriz, programou unha serie de actividades para conmemorar o Día de Rosalía, que se celebra o 24 de febreiro. 

As actividades comezarán mañá, mércores 24 de febreiro, co ‘Paraugas da Fala’ que este ano, dado a situación que se está a vivir por mor da pandemia, realizarase de maneira virtual, dando a coñecer a figura de Rosalía de Castro a través de xogos, adiviñanzas, xeroglíficos, sopas de letras, música, crucigramas…

Por outra banda, tamén está en marcha unha nova quenda das accións programadas, denominada ‘Aquí e acolá’. 

Mediante esta iniciativa os veciños e veciñas dos concellos de Guitiriz e Ponteareas, a través da Asociación de Maiores de Ponteareas, están a intercambiarse correos postais nos que describen cadanseu pobo, a súa historia, tradicións, alcumes… O obxectivo é incentivar a escritura en galego a través da costume de enviar correos postais, que se está a perder na actualidade.