O Concello de Guitiriz organiza para o sábado, 8 de outubro, unha saída á Costa Morte, que inclúe visita aos municipios de Vimianzo, Muxía, Fisterra e Cee, ademais da parada no Ézaro, en Dumbría.

Esta viaxe está dirixida ao público en xeral e as prazas son limitadas polo que para asistir é necesario anotarse previamente no Concello, na oficina de Turismo, ou por teléfono no 982 370 109. O último día para formalizar as inscricións é o xoves 6 de outubro e o prezo é de 18 euros, que inclúe almorzo, xantar e transporte.

O horario de saída é as 8 horas desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz e lémbrase a obrigatoriedade de usar a máscara no transporte público.