O Concello de Guitiriz retoma o domingo 27 de outubro a súa programación de bailes dominicais. Esta actividade está destinada ao público xeral e será na Escola Habanera en horario de 17:00 a 20:00 horas. A actividade non precisa de inscrición previa, polo que poden asistir todas as persoas interesadas.

A actividade contará cunha actuación en directo e haberá tamén un descanso cunha doce merenda.