O martes 21 de febreiro Guitiriz celebrará o Entroido co tradicional desfile de disfraces, organizado pola Asociación Xermolos e o Concello, que comezará ás 17 horas e que partirá desde a Ponteveiga para chegar ata o praza do Campo da Feira.
Este ano repartiranse un total de 695 euros en premios ás mellores comparsas e disfraces. No caso das comparsas: a mellor recibirá 200 euros e unha cesta de produtos típicos, a máis orixinal 70 euros, a mellor música 70 euros, a de máis humor 70 euros e a de máis traballo outros 70 euros.
Nas máscaras individuais o primeiro premio será de 50 euros, o segundo de 20 euros e o terceiro de 15 euros. Para as parellas o primeiro premio será de 60 euros, o segundo de 40 euros e o terceiro de 30 euros. Ademais, as máscaras infantís recibirán diferentes agasallos.
0 Comments
Leave A Comment