O pasado venres, 17 de novembro, a Biblioteca Pública Municipal ‘Casa Habanera’ de Guitiriz acolleu o I Torneo de Parchís, no que participaron 32 persoas, con idades comprendidas entre os 7 e os 80 anos.
Nesta primeira ronda clasificáronse 16 veciños e veciñas que serán convocados para o vindeiro mes de decembro, data na que se definirá ao campión ou campioa desta edición.
Durante a xornada inicial cada participante foi agasallado cun marcapáxinas, ademais de gozar dunha pequena merenda e un sorteo de libros.
0 Comments
Leave A Comment