O Festival Mundial de Ilusionismo ‘Galicia Ilusiona’ chega o próximo mércores, 31 de agosto, a Guitiriz. O mago Nacho Samena actuará nesa data, ás 20 horas, no Campo da Feira.

‘Galicia Ilusiona’ é unha iniciativa que forma parte do programa de actividades do Xacobeo e que percorrerá, desde o mes de agosto ata outubro, máis de 100 concellos con 220 actuacións.